jueves, 25 de abril de 2024 13:34 www.gentedigital.es facebook twitter

Gente en Santiago de Compostela

Logotipo diario gente
Kiosko. Portadas de periódicos

Varios colectivos maniféstanse en Santiago xunto a Podemos reclamando o dereito a "vivenda, sanidade e traballo"

Varios colectivos sociais manifestáronse xunto a Podemos na tarde deste sábado polas rúas de Santiago para reclamar o cumprimento do artigo 25 da Declaración dos Dereitos Humanos, que determina o dereito de todo individuo a acceder a "vivenda, sanidade e traballo".

aumentar texto reducir texto imprimir enviar noticia comentar

25/3/2017 - 20:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 (EUROPA PRESS)

Varios colectivos sociais manifestáronse xunto a Podemos na tarde deste sábado polas rúas de Santiago para reclamar o cumprimento do artigo 25 da Declaración dos Dereitos Humanos, que determina o dereito de todo individuo a acceder a "vivenda, sanidade e traballo".

Ao redor de medio milleiro de persoas participaron na manifestación, convocada pola iniciativa 'Vamos!' --ligada a Podemos-- e que se celebrou en diferentes puntos de España na tarde deste sábado.

Unha mobilización que partiu desde a sede do Parlamento galego na compostelá Rúa do Hórreo, onde se concentraron diferentes colectivos sociais, como traballadores da empresa Unipost, a Asociación de Profesores de Música e Artes Escénicas de Galicia ou traballadores da estiba dos portos de Vigo e A Coruña, entre outros.

A marcha finalizou na Praza de Praterías e nela tamén participaron a deputada de En Marea e secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, e o deputado de Unidos Podemos e secretario de Relación coa Sociedade Civil e Movementos Sociais da formación morada, Rafa Mayoral.

"MOBILIZACIÓN UNITARIA"

Mayoral, acompañado por representantes de varios colectivos, atendeu aos medios ao comezo da protesta, onde indicou que a deste sábado é "unha mobilización unitaria dos colectivos sociais", á vez que reivindicou "o protagonismo" da sociedade "no proceso de cambio político deste país".

"Os protagonistas neste proceso son os colectivos que están en pé. Están a demostrar cal é o camiño: fraternidade popular, dicir que as solucións están en tenderse a man e facer dos problemas dos demais os problemas propios", remarcou Mayoral.

Así, tras lembrar que "a precaridade e a pobreza" son "unha violación de dereitos", declarou que Podemos está ao "servizo" dos colectivos na "loita" polo "rescate da democracia" nun momento no que "están a atacar os dereitos dos traballadores deste país".

"Non hai democracia sen dereitos sociais. Non hai democracia sen dereitos políticos", incidiu, para logo apuntar que "onde hai unha necesidade nace un dereito" e que Podemos estará "aí" achegado o seu "grao de area para poder conquistalo".

COLECTIVOS SOCIAIS

Pola súa banda, os traballadores de Unipost reclamaron o seu dereito "a cobrar as nóminas ao día" logo de "anos de mala xestión" que derivaron "en despedimentos, EREs e ERTEs". "Non hai solución á vista máis que saír á rúa", lamentou o seu portavoz.

Ademais, representantes dos traballadores dos portos de Vigo e A Coruña pediron que "se escoite" a súa "postura" e a da patronal para "crear unha normativa" que achegue "estabilidade" ao sector.

Por último, a Asociación de Profesores de Música e Artes Escénicas de Galicia cualificaron de "discriminatorias" as oposicións convocadas pola Xunta para o sector, xa que están "pechadas no corpo de secundaria" e non dan "entrada aos interinos substitutos de conservatorio", que levan "máis de dous anos sen oposicións".
añadir a meneame  añadir a freski  añadir a delicious  añadir a digg  añadir a technorati  añadir a yahoo  compartir en facebook  twittear 
Gente Digital en Facebook

Grupo de información GENTE · el líder nacional en prensa semanal gratuita según PGD-OJD
Desarrollado por Tres Tristes Tigres